Íntimo, recolleito e cómodo, o comedor con capacidade para 32 comensais ou máis, é unha das estancias máis concorridas da casa.

Os nosos pratos están baseados na alimentación tradicional do Coruel , impostos pola propia terra e pola dureza do traballo no campo.

Están todos elaborados con alimentos naturais e caseiros, que se podería decir ecolóxicos, no senso máis etimolóxico da palabra, xa que ainda traballamos a horta e dipoñemos de gandería vacuna, porcina e aviar.

Temos forno de leña para facer o noso propio pan, e non te podes perder as nosas saborosas empanadas de acelgas (e máis cousiñas…chourizo, touciño.)

Para xantar ou cear.

  • Embutidos caseiros: chourizo, xamón, e salchichón.
  • Empanada de acelgas e chourizo.
  • Caldo de grelos, nabizas,berzas ou repolo según a tempada.
  • Cocido (cachola, lacón, chourizos, patacas, garvanzos, verdura e castañas).
  • Guiso de polo de corral
  • Tenreira asada ou guisada.
  • Ovos de corral con patacas fritas e chourizo.
  • Tortilla de ovos de corral e patacas nosas
  • Costeletas e filetes de tenreira.
  • Frebas (lombo de porco fresco) adobadas con herbas aromáticas da zona.
  • Costela de porco ó ourego.
  • Coello con castañas
  • Xabarín con castañas

Os  postres

Todos feitos na casa.

  • Tartas de callada, de queixo e de pera
  • Flan de café
  • Flan de chocolate
  • Crema de limón
  • Arroz con leite.
  • Feixós (parecidas as crepes)
  • Tiramisú
  • Tarta de lemón con pexego


Almorzos 

  • Torradas de pan caseiro.
  • Manteiga (ou margarina) e mermelada feita ca froita da nosa horta, pexego, fresas, mazá, ameixa…
  • Leite (tamén sen lactosa e vexetal), café ou infusións.
  • Froita según a tempada.

Para vexetarianos ou veganos
Ainda que estamos nunha zona onde a carne é prato principal, temos moi presentes ás persoas vexetarianas ou veganas, así que no noso restaurante incluimos pratos especialmente pensados para elas.

Con todo o agarimo facemos empanadas vexetais, ensaladas variadas (con legumes, cuscús, froitos secos…), cremas e sopas de verduras, legumes, arroces e pastas con verduras.

 

PREZOS

  • Xantar ou cea, 20 €
  • Almorzo, 5,50 €

IVE incluido