Íntimo, recolleito e cómodo, o comedor con capacidade para 32 comensais ou máis, é unha das estancias máis concorridas da casa.
Os nosos pratos están baseados na alimentación tradicional do Coruel , impostos pola propia terra e pola dureza do traballo no campo.
Están todos elaborados con alimentos naturais e caseiros, que se podería decir ecolóxicos, no senso máis etimolóxico da palabra, xa que ainda traballamos a horta e dipoñemos de gandería vacuna, porcina e aviar.
Temos forno de leña para facer o noso propio pan, e non te podes perder as nosas saborosas empanadas de acelgas (e máis cousiñas…chourizo, touciño.)
Para xantar ou cear.
- Embutidos caseiros: chourizo, xamón, e salchichón.
- Empanada de acelgas e chourizo.
- Caldo de grelos, nabizas,berzas ou repolo según a tempada.
- Cocido (cachola, lacón, chourizos, patacas, garvanzos, verdura e castañas).
- Guiso de polo de corral
- Tenreira asada ou guisada.
- Ovos de corral con patacas fritas e chourizo.
- Tortilla de ovos de corral e patacas nosas
- Costeletas e filetes de tenreira.
- Frebas (lombo de porco fresco) adobadas con herbas aromáticas da zona.
- Costela de porco ó ourego.
- Coello con castañas
- Xabarín con castañas
Os postres
Todos feitos na casa.
- Tartas de callada, de queixo e de pera
- Flan de café
- Flan de chocolate
- Crema de limón
- Arroz con leite.
- Feixós (parecidas as crepes)
- Tiramisú
- Tarta de lemón con pexego
Almorzos
- Torradas de pan caseiro.
- Manteiga (ou margarina) e mermelada feita ca froita da nosa horta, pexego, fresas, mazá, ameixa…
- Leite (tamén sen lactosa e vexetal), café ou infusións.
- Froita según a tempada.
Para vexetarianos ou veganos
Ainda que estamos nunha zona onde a carne é prato principal, temos moi presentes ás persoas vexetarianas ou veganas, así que no noso restaurante incluimos pratos especialmente pensados para elas.
Con todo o agarimo facemos empanadas vexetais, ensaladas variadas (con legumes, cuscús, froitos secos…), cremas e sopas de verduras, legumes, arroces e pastas con verduras.
PREZOS
- Xantar ou cea, 20 €
- Almorzo, 5,50 €
IVE incluido