Esta antiga vivenda tradicional foi a primeira casa rehabilitada como establecemento de turismo rural en Paderne do Courel, e nela inclúense conceptos de deseño actual que contrastan agradablemente coa pedra como elemento principal da construcción.
Trátase dun edificio independente dos demais, ubicado na parte alta da aldea.
Construída, como é norma, a base de muros de carga de cachotería e cuberta de lousa. Dispón de dúas plantas útiles.
SERVIZOS
- Dispón de tres habitacións dobres con baño privado cada unha. Contan con roupa de cama e toallas.
- Salón con cheminea calefactora.
- Calefacción por aerotermia.
- Cociña: ten unha neveira grande con conxelador de tres baldas. Vitrocerámica de 4 lumes. Microondas. Enxoval de cociña.
- Porche.
- Terraza cun pequeno xardín.
- WiFi gratuito en todas as dependencias.
- Televisión de pantalla plana.
- Aparcadoiro privado de balde.
* Admitimos mascotas
AS HABITACIÓNS
Calquera das tres habitacións das que dispón a casa conta co confort e as comodidades dunha casa moderna… pero nunha contorna tradicional na que a pedra e a madeira teñen o protagonismo.
Cores alegres e moita luz natural reflectida polos espellos, enchen as estancias de vida e dun ambiente moi pracenteiro.
A COCIÑA E O SALÓN
Ó ser unha casa que se aluga completa, dispón dunha moderna e funcional cociña para usar ó teu gusto.
Todos os electrodomésticos son de primeiras marcas e garantízanche toda a comodidade e practicidade de telo todo á túa exclusiva disposición.
O salón con cheminea, desde o que se pode gozar dunha estupenda vista á montaña, é un lugar acolledor onde poder comer, ver a televisión ou estar de leria.
TERRAZA
Desde a terraza de Casa Rodrigo poderás disfrutar de inmellorables vistas, ler ou simplemente descansar.
PREZOS
- 150 euros día, a casa completa
(IVE incluido)
En estancias prolongadas, consultar prezos