As Triegas

Temos a mellor habitación rural para ti

As Triegas é unha fermosa casa rural, antiga corte, que foi hábilmente restaurada para ofrecer as comodidades propias da vida cotiá no século XXI, sen menoscabo do ambiente rural ó que está ligada e ó que pertence.

Casa rural As Triegas

Está perfectamente integrada nos seus arredores, e non chama a atención sobre as edificacións que a rodean a non ser polo seu porte e polo seu coidado estado.

Respectáronse a súa estrutura e o seu aspecto exterior, reconstruíndose o interior para distribuír as estancias de acordo coas novas necesidades.

Nela conviven a pedra e a madeira como elementos esenciais.

* Admítense mascotas (consultar previamente)

Casa Rodrigo, Paderne del Caurel.
Casa As Triegas, Paderne del Caurel

As habitacións

A casa rural As Triegas ten seis habitacións dobres coidadas con moito esmero que se poden alugar por separado. Todas elas contan con baño privado e calefacción, o que fai destas estancias un espazo cómodo e acolledor. Unha das seis habitacións está adaptada a persoas con mobilidade reducida.

Algunhas contan mesmo cunha ampla balconada de madeira (en Courel chamados corredores) con vistas á serra.

O salón

A casa rural As Triegas conta cun amplo salón común de 47 m2 con cheminea e televisión. Un acolledor espazo onde poder descansar, ler, conversar ou gozar cos xogos de mesa que poñemos a túa disposición.

Salón As Triegas

Prezos

Prezos habitacións casa rural

  • Habitación doble sen corredor, 49,50 €
  • Habitación doble con corredor, 60 €
  • Xantar ou cea, 22 € 
  • 5,50 € almorzo

(Prezos con IVE incluido)

As Triegas - Casa Rodrigo
Declaración de privacidade

Esta web emprega cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando voltes á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e axeitadas