Apartamento O Chelo

O Chelo é un pequeno apartamento vacacional situado na aldea medieval de Paderne, en pleno corazón da serra do Caurel. Trátase de unha casa construida en pedra e tellado de lousa, como é norma nas aldeas do Courel, anexa a outra edificación cas mesmas características.

Está distribuído nun so andar. Consta dun cuarto cunha cama de 1,50 cm e un amplo corredor con excelentes vistas á montaña, unha cociña-salón cun sofá cama de 1,40 cm e un baño. A cociña ten un pequeno frigorífico, un microondas e unha placa vitrocerámica. O apartamento inclúe enxoval de cociña, roupa de cama e toallas.

Apartamento O Chelo

Prezos

Prezo Apartamento

  • 80 euros día (Precio co IVE incluido)
  • En estancias prolongadas, consultar precios
As Triegas - Casa Rodrigo
Declaración de privacidade

Esta web emprega cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando voltes á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e axeitadas