Íntimo, recolleito e cómodo, o comedor con capacidade para 32 comensais ou máis, é unha das estancias máis concorridas da casa.
Os nosos pratos están baseados na alimentación tradicional do Coruel , impostos pola propia terra e pola dureza do traballo no campo.
Están todos elaborados con alimentos naturais e caseiros, que se podería decir ecolóxicos, no senso máis etimolóxico da palabra, xa que ainda traballamos a horta e dipoñemos de gandería vacuna, porcina e aviar.
Temos forno de leña para facer o noso propio pan, e non te podes perder as nosas saborosas empanadas de acelgas (e máis cousiñas…chourizo, touciño.)
Para xantar ou cear
Embutidos caseiros: chourizo, xamón, e salchichón.
Empanada de acelgas e chourizo.
Caldo de grelos, nabizas,berzas ou repolo según a tempada.
Cocido (cachola, lacón, chourizos, patacas, garvanzos, verdura e castañas).
Guiso de polo de corral
Tenreira asada ou guisada.
Ovos de corral con patacas fritas e chourizo.
Tortilla de ovos de corral e patacas nosas
Costeletas e filetes de tenreira.
Frebas (lombo de porco fresco) adobadas con herbas aromáticas da zona.
Costela de porco ó ourego.
Coello con castañas
Xabarín con castañas
Os postres
Todos feitos na casa.
Tartas de callada, de queixo e de pera
Flan de café
Flan de chocolate
Crema de limón
Arroz con leite.
Feixós (parecidas as crepes)
Tiramisú
Tarta de lemón con pexego
Almorzo
Torradas de pan caseiro.
Manteiga (ou margarina) e mermelada feita ca froita da nosa horta, pexego, fresas, mazá, ameixa…
Leite (tamén sen lactosa e vexetal), café ou infusións.
Froita según a tempada.
Para vexetarianos ou veganos
Ainda que estamos nunha zona onde a carne é prato principal, temos moi presentes ás persoas vexetarianas ou veganas, así que no noso restaurante incluimos pratos especialmente pensados para elas.
Con todo o agarimo facemos empanadas vexetais, ensaladas variadas (con legumes, cuscús, froitos secos…), cremas e sopas de verduras, legumes, arroces e pastas con verduras.