AS TRIEGAS
CASA RODRIGO

Casas de Turismo Rural na Serra do Caurel (Lugo)

AS TRIEGAS
CASA RODRIGO

Casas de Turismo Rural na Serra do Caurel (Lugo)

AS TRIEGAS
CASA RODRIGO

Casas de Turismo Rural na Serra do Caurel (Lugo)

1 3
1 3

As Triegas - Casa Rodrigo

Benvid@s á web da As Triegas e Casa Rodrigo, situadas en Paderne (Concello de Folgoso do Courel). Están a vosa disposición todo o ano na máis fermosa paraxe natural de Galicia: A Serra do Caurel.

Hai posibilidade de alugar en dúas modalidades: casa completa (Casa Rodrigo) ou por habitacións (Casa As Triegas).

Tanto en As Triegas como en Casa Rodrigo poderás gozar dos nosos menús tradicionais galegos, dunha contorna de auténtico privilexio, de actividades en plena natureza, e sobre todo… da nosa atención.

Só agardamos que veñas e que che goste 😉

Paderne - Folgoso do Caurel

Situación

As Triegas e Casa Rodrigo están situadas no poblado medieval de Paderne do Courel, no Concello de Folgoso do Courel. Esta pintoresca aldea, característica desta zona montañosa do Sureste de Lugo, O Courel, aséntase sobre unha lomba de marcada caída ó Sur.

As súas casas, moi agrupadas, están construídas con grosos muros de cachote de laxa e cubertas, longas e con beirado, de laxas irregulares de lousa que protexen tanto as vivendas coma os camiños. A vista dende arriba, dende a propia estrada, é dun conxunto ateigado de tellados de lousa que esconden o conxunto urbano. Ó descender é cando podemos apreciar unha maraña de camiños de carro, paralelos á pendente, que conforman as rúas.

Só con abrir as contras poderemos contemplar as fermosas vistas á devesa de Paderne (ou da Escrita) e ós montes de Paderne.