Esta antiga vivenda tradicional foi a primeira casa rehabilitada como establecemento de turismo rural en Paderne do Courel, e nela inclúense conceptos de deseño actual que contrastan agradablemente coa pedra como elemento principal da construcción.

Trátase dun edificio independente dos demais, ubicado na parte alta da aldea.

Construída, como é norma, a base de muros de carga de cachotería e cuberta de lousa. Dispón de dúas plantas útiles.

Casa Rodrigo. Paderne do Caurel.

 

SERVIZOS

  • Dispón de tres habitacións dobres con baño privado cada unha. Contan con roupa de cama e toallas
  • Salón con cheminea
  • Cociña: ten unha neveira grande con conxelador de tres baldas. Vitrocerámica de 4 lumes. Microondas. Enxoval de cociña
  • Porche
  • Terraza cun pequeno xardín
  • WiFi gratuito en todas as dependencias
  • Televisión de pantalla plana
  • Aparcadoiro privado de balde

* Admitimos mascotas

 

AS HABITACIÓNS

Calquera das tres habitacións das que dispón a casa conta co confort e as comodidades dunha casa moderna… pero nunha contorna tradicional na que a pedra e a madeira teñen o protagonismo. 

Cores alegres e moita luz natural reflectida polos espellos, enchen as estancias de vida e dun ambiente moi pracenteiro.

 

A COCIÑA E O SALÓN

Ó ser unha casa que se aluga completa, dispón dunha moderna e funcional cociña para usar ó teu gusto.

Todos os electrodomésticos son de primeiras marcas e garantízanche toda a comodidade e practicidade de telo todo á túa exclusiva disposición.

 

O salón con cheminea, desde o que se pode gozar dunha estupenda vista á montaña, é un lugar acolledor onde poder comer, ver a televisión ou estar de leria.

 

PREZOS

  • 120 euros día, a casa completa

(IVE incluido)

En estancias prolongadas, consultar prezos

 

GALERÍA DE IMÁXES